Tano Xastrería Confeccións - Traxe galego de dona

Tano Xastrería Confeccións 5
Tano Xastrería Confeccións 4
Tano Xastrería Confeccións 6

Traxe galego de dona

O traxe de dona que normalmente facemos por esta zona é o mariñán, con camisa, enagua, medias, pololos, dengue, saia de tea amarela, refaixo vermello, mantelo ou mandil e cofia na cabeza, ou para máis lucimento un pano de bobiné. Sobre os tecidos, son máis amigo de panos bastos, semellantes o máximo posible aos auténticos, aínda que hoxe en día as rapazas os atopan un pouco pesados, polo que nos piden tecidos máis lixeiros, que empregamos sen ningún problema sempre que non desvirtúen o noso fermoso traxe.