Tano Xastrería Confeccións - Traxe galego de home

Tano Xastrería Confeccións 5
Tano Xastrería Confeccións 4
Tano Xastrería Confeccións 6

Traxe galego de home


No traxe galego de home pódese dicir que elaboramos case a totalidade das prendas, pois nos axeitamos aos desexos do cliente: a chamada roupa branca, é dicir, camisa e cirolas, xeralmente en lenzo e liño; e as prendas exteriores, como a monteira, nas súas diversidades, en pano ou pano con veludochalecos con pano liso ou adamascado, con veludo e pasamanería nas lapelas, as costas poden ir en liño cos ombreiros e costas en veludo, ou ben, se se desexa máis lixeiro, de raso ou tea fina; os calzóns, polo xeral negros, con forras de veludo nos botóns, aínda que se fan de diversas cores e feituras; as polainas xeralmente de tea, unhas con dobra ou lengüeta enriba; e a prenda menos usada, pero que máis categoría dá ao traxe, polo menos baixo a nosa opinión, é a chaqueta, ben redonda ou recta, con reforzos de veludo e pasamanería, adornando as lapelas e o colo, que ben pode ser baixo ou alto como o do chaleco.